BRANCAS
El era daquel tipo de persoas que a xente clasificaría como normais.
Tiña un traballo estable, gustáballe ler, ir o cine e polas noites pasear nas rúas de Madrid escoitando a Iván Ferreiro.
Cando a atopou a ela sentiu como se todo se derrubara, o seu mundo uníase ao dela; ou eso pensaba el.
-Chámome Xoana
Díxolle ela aquela tarde chuviosa de setembro cando se coñeceron.
-Eu Xurxo
Musitou el mentres a ollaba fixamente
Dende aquela tarde non se separaron. Paseaban, ían ao cine, e sobre todo xogaban ao xadrez. Aquel marabilloso xogo no que pasaban as horas mortas.
Un día ela desapareceu sen máis.
O único que lle deixou foron as pezas negras dun xadrez e unha carta que dicía:
-As paredes de Madrid son demasiado altas para min
Agora el vaga polas rúas solitario, buscando as pezas brancas que lle roubaron o mundo.
2 Comments:
Bua...que pasada!!
segunda set. 05, 10:52:00 da tarde 2005
Que pasadaaaaaaaaaaa!!!!!! É un gustazo poder lervos e tervos e... e... e exxistir no mesmo universo ca vós.
terça set. 20, 10:09:00 da manhã 2005
Enviar um comentário
<< Home