O FIADEIRO DA AVOA SERVANDA
Chega o día de San Martiño, e a Servanda érguese á mañanciña para sementar o liño no eido de baixo. A mañá preséntase dura e afróntaa cun grolo de licor de herbas.
O Manolo do Freire e o Xacinto dos Currás xa estaban coa liñaza preparada para sementar. O final do día co traballo feito voltan á praza para botar unhas parrafadas cos veciños de Requeixo.
Cando a flor do liño comeza a dar a cara, as mulleres baixa á tardiña para regar a colleita. No momento en que o bagullo está no canto da flor, arríncase, recóllese e coa mesma ponse na poza do lameiro e colócase con pedras e paos. Queda alí doce días.
Servanda e Otilia enrían o liño no prado de Choucelle para o secaren.
Gumersindo da casa da Dosinda trilla para separar o liño do tomento. Máis tarde segue o traballo na plaza para espadelar e rastrelar o liño, para así darlle a estopa ao Pepiño da Cesteira.
Co liño facíanse as estrigas quedando así listas para fiar.
O fiadeiro alá polo mes de Outono, facíase na cociña da avoa Servanda. Unhas mulleres fiaban e outras cantaba ao son das pandeiretas. No sarillo as marañas, na devanadoira os novelos, e as mazarocas a clarear.
Para rematar, cada unha a fiar no seu telar.
( Este foi o relato que fixemos as 3 xacias para o noso carro que levaba como título O fiadeiro da avoa Servanda. Polo relato non levamos ningú premio pero quedamos de terceiros (oe) e déronnos o premio pola mellor recopilación de material)
1 Comments:
A verdade e que nos vos comentei nada pero non foi porque me faltaran gañas.Traballastedes moito no veran, ben se ve pero tamen tivemos tempo para disfrutar xuntas, que e o que importa. Espero ter moitos verans coma este, non o olvidarei.
Bicos dende os pendellos
sexta set. 02, 12:02:00 da manhã 2005
Enviar um comentário
<< Home