As tres xacias: AGOSTO

segunda-feira, agosto 01, 2005

AGOSTO

Cada agosto lembro a súa cara desfeita.
El nunca pensara que algo así sucedería e agora dábase conta que a vida é un delicado fío que rompe cando menos o esperas.
Dende aquel día do ano noventa a el dalle asco a súa cara e non soporta verse no espello; as naúseas chegan cada vez que pensa no seu rostro.
A culpa non foi del, mais séntese responsábel e cree que nunca o superará. Pensa que a solución é a morte, que a vida foi inxusta cando os separou, que el tivo que desaparecer con eles naquel río da provincia de Almería que os separou para sempre.


(A todas as persoas falecidas en accidentes de cohes e a aquelas afectadas que perderon a aos seus seres querido, en especial a Xurxo)

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Agosto seguirá a pasar indefectíbelmente. O espello volverá devolverlle a persoa que foi, e que quere seguir sendo. Non hai culpábeis; só recordos traidores que cambian a realidade para que a dolor sexa máis soportábel. A vida nunca é inxusta: é vida; e nós sabemos que non é eterna. O duro non é marchar, o que esnaquiza a alma é vivir cos recordos do que nos desexabamos, mais non foi.
Debemos aprender a vivir cos recordos, non contra eles.

quarta ago. 03, 12:51:00 da manhã 2005

 

Enviar um comentário

<< Home