As tres xacias

segunda-feira, Janeiro 29, 2007

É tempo de troula

Chegou xaneiro, e con el os exames da universidade.
Todo perde cor,
as rúas, os cines, os bares...a catedral...
Énchense as bibliotecas...
nas fiestras as pingas esbaran mentres a cabeza intenta estudar: "a histoloxía é a ciencia que estuda os texidos...
É tempo de troula,
a tan so 21 días de finalizar os exames Santiago xa berra cantos de felicidade
e eu...
proclamo liberdade

terça-feira, Janeiro 23, 2007

NA BIBLIOTECA

Desde aquí podo ver todos os tellados da cidade
a choiva pingando e repiqueteando no ventanal...
...ábrese a porta, entra un mozo cargado con libros de historias xa esquecidas

Mírote, segues explicándome todas as teorías das migracións dun pobo de nome impronunciábel...
decátaste de que te observo
sorrisme,
baixo a mirada e repito as 238 datas de memoria:
no 410 Alarico chega a Italia, no 411 os alanos á Lusitania.......

quinta-feira, Novembro 30, 2006

RERCORDOS DE VICTORIA

Baixo a lúa gris nunha noite de xiada acertei as verbas de VICTORIA que me asubiabas á orella. Agora, coa marcha da lúa, a pel berra tristes cantigas e a Catedral rexorde das cinzas proclamando libertade.
Aquela noite, mentres a lúa era nova, sentín que o mundo era meu:
berros de independença soaban polas rúas, caricias percorrían o corpo, lume xurdía delas...
Aquí, os recordos brotan unidos aos esquíos da Carballeira

domingo, Novembro 26, 2006

GALIZA BABY!!

A piques de chegar decembro, decateime de que aínda te botaba de menos.
De repente vinme metida nunha canción dos anos 80, borracha de wisky barato, con Antón.
Dicíame que era a súa Lady Blue e os nosos bicos sabían a Independença.

Estabamos na Galiza, Baby!!
( Este ralato independente contén versos de Piratas, Fito e Bunbury)
Vai dedicado a Antón (aínda que non o sepa), á Sandra, Patu e Antía en xeral e o resto das rapazas en concreto.

quinta-feira, Novembro 23, 2006

INVERNO

Corrimos baixo os soportais das rúas de
Santiago,
ti ollachesme inquedo,
eu asubiei verbas de auga
que escorregaban polo teu corpo.
Na catedral o sol fiaba camiños
baixo o ceo estrelado