A CAIXIÑA DA GHORXA
...Si, claro, recórdoo perfectamente. Foi o 20 de aghosto do ano 2oo5 a iso das 6.30 da tarde....
...fasía un sol de xustisa cando dixo as súas derradeiras palabras....
... si, téñoas aquí, ghrabadiñas na cachola... "Non é malo o viño d'aiquí" ...
... tal e como cho conto...
...claro, aínda me acordo que soaba de fondo ...esto... si oh!, deixa que lembre... un ghrupo... si home catro rapases de Madrid que cantaban en inghlés ...
...pero ti non lembras?...
... alí no medio da ribeira...
... pois así... de repente, oes, non volveu a desir nin chío...
...é que xa o disía a miña avoa, todas as persoas tímosche unha caixiña non mais ghrande ca das serillas... alí no fondo da ghorxa...
... onde... onde ghardamos todas as palabras nesesarias para a vida...
...como cho conto...
...é que o rapas era moi faladeiro e... e moitas veses polo medo a quedar calado disía cousas por disir, mais... en realidade non disía nada...
...e...claro, as cousas...pasan
...xa, xa sei que éche unha boa maghua...
...claro, claro aos 19 anos quedar sen fala...ten...tenche o seu aquel...non che digho que non...
...ah!...si, pois aghora pareseme que se dedica a cortaren cunhas tesoiras barrís de papel onde se anunsien ghrupos de rock...
...non, non penses que che ten moitos...
..é duro, é, non vaias pensar...
2 Comments:
Este relato é a nosa forma de felicitar a : Raúl, Chacha, Diego e André (Y/J awn) polo concerto, alí no medio da ribeira...
Tamén moitas felicitacións a Psicoquilers (que son a ostia, todo hai que disilo) e ao resto dos grupos alí presentes. Esperemos que para o ano se repita.
Saúdos das 3 Xacias.
segunda ago. 22, 02:33:00 da manhã 2005
fabuloso dovalinho!!!!!
encantoume,a verdade é que o verán ralentiza ás neuronas e esta xacia cansada tiña poucas ganas de escribir.gracias por continuar volas dúas con isto.prometo escribir ao comezo diste outono q se amosa perezoso.1 biko
segunda set. 05, 01:59:00 da manhã 2005
Enviar um comentário
<< Home