O VIOLINISTA DA PRATERIA
Os raios de sol entran pola miña fiestra, outro día de verán.
Négome a sucumbir ao bochorno, ao rebumbio, ás bermudas, ás verbenas, vístome a miña bufanda de la e deixo que as sabas me devoren .
Preciso recordar aqueles eternos paseos por Compostela baixo a choiva sen paraugas e cos calcetíns empapados.
Sentarme na Praza das Praterías no banco mollado a escoitar a aquel violinista anónimo, a quen lle parecía dar o mesmo se o mundo funciona a pilas a butano ou gasolina.
El, el sempre tocaba a mesma canción.
E eu sempre facía o mesmo debuxo.
E logo, permanecía sentada vendo como as gotas de chuvia esvaraban polo retrato inundándome os dedos e o corazón de tinta azul.
1 Comments:
E o sol pode traer, tamén, recordos moi bonitos; unidos ou non ao balbordo, mais recordos imborrábeis enredados na música do violino mentres ti pintas para... un eterno debuxo que nunca se borrará
quarta ago. 03, 12:44:00 da manhã 2005
Enviar um comentário
<< Home