As tres xacias: MEDEA

sexta-feira, fevereiro 03, 2006

MEDEA

Fixéstesme abandonar todo o pasado,pero nunca renunciei á lingua.
Falaba soa en todos os recunchos do cuarto, e nas rúas berraba e berraba,e no teatro, e a xente descoñecida miraba de esguello para min.
Mais un día farteime, e fun Medea, e con trece verbas cheas de xenreira e odio arrinqueiche a alma e as entrañas.
As palabras inundáronche os ollos e cando as choraches volveron a rexundir coma Fénix.

A Xenevra.

2 Comments:

Blogger Xacias said...

As túas verbas son o mellor, non deixes de publicar, e haber cando me dedicas un a min. Biquiños

Celia

quinta fev. 09, 10:51:00 da tarde 2006

 
Anonymous Anónimo said...

Non sei que dicir. Quizais debera ficar calada, sen palabras. É o agasallo máis desbordante que podía recibir. Grazas por existirdes.

quarta fev. 15, 10:58:00 da manhã 2006

 

Enviar um comentário

<< Home