As tres xacias: DESILUSIÓNS

sexta-feira, janeiro 13, 2006

DESILUSIÓNS

As pantasmas asoladoras petaron na porta.
Escondícheste baixo a cama e eu empuñei a forza das entrañas.
Quizais foi o medo quen te fixo desaparecer, ou fun eu coa miña ialma ferida quen rachou os versos de victoria que resoaban

na túa boca.
Berrei todas as verbas que o inverno tapou
Proclamei os pensamentos da túa mente
Asubiei todos os cantares do vento
Chorei todas as bágoas que derramou o mar.

Sen embargo, anos despois, sinto que as verbas só resoaron na miña cabeza.



Iste relato non iba ser publicado hoxe, poque a tan só un día da miña maioría de idade o título "Desilusións" non é o máis axeitado.Sen embargo buscando entre papeis atopeino, penso que é vello, pero por falta de ideas publiqueino, xa que as veces é máis difícil expresar a ledicia que a tristura.

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

É realmente bonito, malia que o seu destino non fose ser publicado. Felicidades atrasadas pola maioría de idade e as moitas ilusións que esta che promete. (por certo, o cumpre de meu api é o 13). Un bicazo para unha rapaza xa moza.

terça jan. 24, 08:18:00 da tarde 2006

 

Enviar um comentário

<< Home