NOITEBOA
Xurxo era daquela clase de tipos que susurraba cancións de Sabina nas noites de luar.
Sempre soñara con voar por riba do mar e sentir as ondas rachando nas súas ás. A imaxinación desbordaba na súa cabeza mentres Sabina cantaba "ruido, ruido demasiado ruido..."
Aquel día sentiu que os seus soños se cumpriran. Era alta, loira e o seu ollar facíalle lataxar o corazón
-Chámome Carme
-Eu Xurxo
(Sentindo que as pernas deixaban de existir)
Dende entón todos os días son Noiteboa, todas as horas semellan segundos.
Mentres que ela,
é daquela clase de tipas que escoitan a Sabina nos días de nadal.
2 Comments:
Para que todos os días sexan navidad, e non só en decembro.
Unha aperta dunha Xacia
sábado dez. 24, 04:07:00 da tarde 2005
"Hai mulleres de lume, hai mulleres imán" que diría Sabina; e aínda que "con tanto ruído non se poida escoitar o ruído do mar" é chulo volver ler estes retazos de mulleres que son pura literatura.
Un bicazo e bo nadal para todas.
sábado dez. 31, 02:43:00 da manhã 2005
Enviar um comentário
<< Home