THE HEAVEN IS IN YOUR MIND
Chorando coma unha tola e coas mans cheas de sangue, entrou no baño do único bar que había por alí cerca.
Baixou a tapa do váter e sentouse.
Permaneceu alí queda moitos minutos mirando para a porta.
De súpeto leu unha frase, que debía de estar en inglés.
Ela non a entendía, mais aquelas parecéronlle as verbas máis bonitas do mundo.
Repetiunas e repetiunas na súa cabeza
até esquecer que se chamaba Lola.
Até esquecer o fedor da morte.
até esquecer que o paraíso estaba na súa loucura.
Con este relato despídome por unha boa temporada, a ver se a inspiración ven a min.
2 Comments:
This is a very nice post about the this post , Xacias try to keep it up to date because it seems one of the few interesting blogs on the internet! I would like to tell you to visit my website that is about scommesse online . Only the best informations about scommesse online !
quarta dez. 21, 04:28:00 da manhã 2005
Por favor, non te despidas!!!! Como poderemos soñar sen as túas verbas?? É egoísta que nos queiras privar da túa expresión.
Espérote á volta de vacacións, con máis forzas.
Que o vindeiro ano veña cheo de soños marabillosos para ti. Un bico enorme e... Grazas por existir.
quarta dez. 21, 04:37:00 da tarde 2005
Enviar um comentário
<< Home