As tres xacias: PESADELO

sexta-feira, novembro 18, 2005

PESADELO

¿Quen espera a que a pinga de auga que escorrega pola miña ventá chegue ao seu fin?
Parece que o mundo non ten tempo para deterse ante as cousas insignificantes. Agora a moda está en avanzar, avanzar, avanzar, aínda que non saibamos para qué nin porqué e mentres nos teñen entretidos en avanzar, eles encárganse de borrar dos noso cristais esas pingas de auga.
Eu quixera que a miña pinga de auga permanecese disecada con brilo propio na miña memoria, para que cando eu esperte deste pesadelo me axude a recuperar o curso das outras pingas que coma min camiñan cara o seu fatigador fin.