As tres xacias: BREOGÁN

segunda-feira, outubro 03, 2005

BREOGÁN

Chámase Breogán e é un home lento.
Come lento, anda lento, nada lento, até fala lento. Pronunciar unha palabra, pódelle levar horas.

Case non ten amigos, por iso do seu problema, así que pasa parte dos días agochado entre as follas das horas e os días dos libros.
Calquera día a calquera hora, namorouse dunha rapaza, que non era nin guapa, nin lista, nin alta, nin tomaba batido de fresas. Pero a Breogán non lle importaba.
El só quería unha rapaza con tempo para escoitar e pasear sen presas.
Pero o día 7 de abril, mentres xogaba á ruleta e a roda rodaba con ese
ru-ru-ru que retumbaba nos seus oídos aprendeu a agochar o pánico tras dalgunhas palabras.
A partir de ese momento todo tornou en
derrota.
Para o meu paiasiño preferido.

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Para que vexas que EU si que te comento!Aínda que xa lera este relato antes, volvoo a ler e gustame cada vez máis.Ese paisaniño e a tua "musa".

Bikos dende os pendellos

quarta out. 05, 10:01:00 da tarde 2005

 
Anonymous Anónimo said...

Para que vexas que EU si que te comento!Aínda que xa lera este relato antes, volvoo a ler e gustame cada vez máis.Ese paisaniño e a tua "musa".

Bikos dende os pendellos

quarta out. 05, 10:01:00 da tarde 2005

 

Enviar um comentário

<< Home