As tres xacias: DESPEDIDA

sexta-feira, junho 17, 2005

DESPEDIDA

Vai sendo hora de ir para casa carolo en mates un dous en historia, que chungo deixar unha panda tan guay en que pouco tempo o mellor rematou REMATOU!!!!!!!

Diso nada de aquí non marchamos sen quedarmos pro verán!!!

Agradecemos o voso seguimento semana a semana e a vosa participazón que fixeron posíbel que este pequeno retallo fora para adiante neste gran mundo da rede.
Porque xacias é:
Para o que lles gusta a literatura
Para os de letras
Para os de ciencias
Para os profes
Para os alumnos
Para os músicos
Para os que ríen
Para os que choran
Para os deportistas
Para as xacias
Para os tritón
Para elas
Para eles
Para ti
Para nós
Para
TODOS

Cóstanos moitos despedirnos, e abandoar o costume de baixar a biblioteca, eses grandes momentos nos que esprimíamos o cerebro na procura de algo que non fora un plaxio e que fora á vez creativo. Sentímolo se non o conseguimos. Tamén pasamos moi bos momentos, de desesperación co ordenador na procura de publicacións perdidas. Pero como podedes ver, As Tres Xacias están no seu momento máis creativo.
As Tres xacias non se rinden ante: os xelados, a calor, a praia de Viveiro, a preguiza, as longas noites de xoldra de verán..............

Imos seguir publicando no verán con menos frecuencia, para manter viva esta ligazón ao río Asma.

Xa para concluír rematamos cun poema do realista Verlaine:

Pon a túa fronte sobre a miña fronte

Pon a túa fronte sobre a miña fronte e a túa man
na miña man.
E faime os xuramentos que romperás mañá.
E choremos ate que amañeza,
A miña pequena fogosa.

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Snif snif (intento q parezca un choro) Non tardedes moito en escribir!

sexta jun. 17, 03:26:00 da tarde 2005

 
Anonymous Anónimo said...

Seguro que Verlaine era "realista". Vós si que sodes istas, istas, istas. Pasade un bo verán, peronon nos abandonedes de todo.
Un biko enorme dende o corazón (de Galiza)

segunda jun. 27, 11:36:00 da manhã 2005

 

Enviar um comentário

<< Home