As tres xacias: setembro 2005

sábado, setembro 24, 2005

VICTORIAS

Xogo nas tardes de outubro,
penso no longo camiño
vivido,
tardes longas e eternas
esperando a calor do sol.
Hoxe penso no mañá,
na tarde eterna
que existe entre ti e
eu.
Sempre xuro o mesmo
esnaquizar o sol
que se pon en oriente
e esquecer os longos días de frío
nas cavernas do lobo.
Quizais a vida só sexa un son
patriótico
que che invade a
ialma
ou...
tal vez sexa eu
o berro da victoria.
CELIA

sexta-feira, setembro 23, 2005

MONOTONÍA

En Santiago todo é monotonía.
Chove, e busco as bágoas que esvaran, suaves e veloces pola ventá.
Paseo, sen paraugas polas prazas perdidas.
Sento, no chan dalgunha calella a susurrar para min os poemas de Verlaine.

Susurro-os cando estou sola.
E berro-os cando a xente me mira.
Berro
Berro como unha tola
Berro
até arrincarme a
IALMA.
DovaL

quinta-feira, setembro 22, 2005

CHOIVA

Desde aqui desde mi casa, veo la playa vacía, ya lo estaba hace unos días, ahora está llena de lluvia y tu ahí sigues sin paraguas, sin tu ropa, paseando, como una tarde de julio pero con frío y tronando...
Teño morriña daquelas tardes de sol na praia, escoitando a Iván Ferreiro.
O sol, a calor, ti ollándome dende a area. Eu xogando nas algas e soñando coas sereas.
Observábasme, e eu só ria no meu cauto silenzo.
Agora nos días de choiva penso no preto que te tiven, tanto que resultaba lonxe e afogante.
Quixera poder espertar deste pesadelo e terte preto, que puideses apertar as miñas escamas de peixe e sentir a túa pel rozandome suavemente, pero outubro chega irremediábelmente.
(Dedicado as miñas nenas, por esas xoldras vividas no Tabú)
Celia

domingo, setembro 11, 2005

DaDá

Rastro recordo aniquilar
cazador librar realidade
correr lembro recordou
toda dado demo
codia dano desexo
Dalí déspota do
mar alma medo
maldito miroume como
home mexo murmuro
laio lento melancolía
lado ela Alzheimer
legua lapis luzada
carmesí queixo quenda
como calar quente
adicción cabisbaixo casa

segunda-feira, setembro 05, 2005

BRANCAS

El era daquel tipo de persoas que a xente clasificaría como normais.
Tiña un traballo estable, gustáballe ler, ir o cine e polas noites pasear nas rúas de Madrid escoitando a Iván Ferreiro.
Cando a atopou a ela sentiu como se todo se derrubara, o seu mundo uníase ao dela; ou eso pensaba el.
-Chámome Xoana
Díxolle ela aquela tarde chuviosa de setembro cando se coñeceron.
-Eu Xurxo
Musitou el mentres a ollaba fixamente
Dende aquela tarde non se separaron. Paseaban, ían ao cine, e sobre todo xogaban ao xadrez. Aquel marabilloso xogo no que pasaban as horas mortas.
Un día ela desapareceu sen máis.
O único que lle deixou foron as pezas negras dun xadrez e unha carta que dicía:
-As paredes de Madrid son demasiado altas para min
Agora el vaga polas rúas solitario, buscando as pezas brancas que lle roubaron o mundo.

NA HORA DE CHORAR

Todas as noites á hora de chorar, cando todo é negro acibache, esperto e abro a fiestra do meu cuarto.
Mais non hai nada.
Todo é negro, os salgueiros susurrantes, os bancos baldeiros e as ruas en ruiñas que me arrodean, xogan ao escondite durante uns instantes.
Invádeme o mes de setembro e a estrana sensazón de que vou a esquecer as cancións que me susurrabas e tamén, os teus dedos premendo as cordas do violino.

Sinto como se o día da derrota estivera a punto de chegar.

TERRA NEGRA

Memorias dun sol cegador, baixo uns brazos ardendo que recollen gota a gota a suor que escorre a regos,baixo unha mirada guardiana que protexe aos suspiros desacompasados. Ficamos á espera de que a terra negra húmeda do outono non enfríe a paixón dun pasado non moi lonxano.

(gracias ranchiño)

sábado, setembro 03, 2005

XADREZ

A raíña negra
movía o destino,
a branca xogaba
coas monecas da vida.

Eu,
o peón
só movía o silenzo
do teu baleiro

O cabalo olla
como as negras avanzan
mentres as brancas se derruban
inevitábelmente

O destino sempre vence


Celia González