NA BIBLIOTECA
Desde aquí podo ver todos os tellados da cidade
a choiva pingando e repiqueteando no ventanal...
...ábrese a porta, entra un mozo cargado con libros de historias xa esquecidas
Mírote, segues explicándome todas as teorías das migracións dun pobo de nome impronunciábel...
decátaste de que te observo
sorrisme,
baixo a mirada e repito as 238 datas de memoria:
no 410 Alarico chega a Italia, no 411 os alanos á Lusitania.......
2 Comments:
Estamos xa a máis da metade de xaneiro,e a piques de comezar os exames. Pasamos o día a rebulir entre os libros e os apuntes, imos ás bibliotecas(...), a máis fermosa sen dúbida a de historia.
A parte de estudiar ries un cacho e compartes impresións cos compañeiros, toda unha aventura.
Este relato quero dedicarllo a todos os estudantes que coma min van a biblioteca. Moita sorte a todos para os exames!!!!! e o 16 festa!!!!
terça jan. 23, 03:27:00 da tarde 2007
jeje descanso dos libros dous minutos para seguir studando, e o que hai!ir á biblioteca é toda unha aventura?logo os frikis somos os de teleco...
saudos interbibliotecarios dende teleco!!
moitos bicos, pasaino ben!
(que ben vivides en santiago)
terça jan. 23, 06:52:00 da tarde 2007
Enviar um comentário
<< Home