As tres xacias: SEMANA DA POESÍA EN CHANTADA

sexta-feira, maio 13, 2005

SEMANA DA POESÍA EN CHANTADA

Esta semana foi única!
No I.E.S. Lama das Quendas celebramos a I Semana da Poesía, que esperemos que se repita en anos vindeiros.
Durante estes cinco días houbo diferentes actividades relacionadas co mundo da poesía.

O luns comezamos coa exposición dos numerosos traballos que fixemos os alumnos de 1º de Bach, neste ano e no ano pasado.

O martes outo tanto do mesmo, pola mañá. E pola tarde, obradoiro de poesía a cargo de Soraya, Celia, Tania e Rafa.

O mércores, o día culminate, visitáronnos María Lado e Igor Lugrís. Recitaron numeros poemas das súas obras, publicadas, e no caso de Igor por publicar. Todos nos quedamos ensimismados ante a súa presenza.

Na tarde do xoves, dirixido por Manolo Figueiras, o obradoiro de poesía na rede, onde visitamos páxinas impresionantes, entre elas a de Yolanda Castaño, que causou sensazón entre todos os asistentes.

E xa para rematar, hoxe, venres 13, no recreo, concluirá a semana cun recitado de poesía. Composicións de persoas do instituto, e outros poetas "coñecidos".

1 Comments:

Blogger mariademallou said...

os meus parabéns pola semana!paseino xenial ese día e case me poño colorada cando vexo os poemas...encantoume o detalle das pinzas.estou poñer unha trandeira nalgures para colgalos.
unha aperta oceánica

sábado mai. 14, 11:41:00 da tarde 2005

 

Enviar um comentário

<< Home