O ESPERTAR
Aínda podía sentir os seus bicos esvarando pola miña inmadura pel. As súas mans percorreran o meu corpo facéndome sentir toda a calor da súa existencia. O meu corpo estivera inmerso en campos de algodóns e maizais creados só para min.
Xoana!!! Xoana!!!
Aborrézote!!
Aborrezo ter que abandonar os meus pronfudos soños para volver á miña gris realidade.Poño as zapatillas e a bata case sen consciencia do que fago.Baixo as escaleiras. Entro na cociña. Está alí. Percorro o seu corpo ata chegar ao seu rostro. Xa non é o dos meus soños. Ese rostro que tanto estraño e que chego a esquecer.
As miñas mans molladas, nesta auga fedorenta que me fai sentir o corazón esvarando polas tuberías deste cuarto, e sinto que xa non consigo rescatalo.
O batallón das sucias cacerolas que me encarcelan día tras día neste cuarto de rexas de estropallo, xabón e ferro.
Anhelo os días de liberdade nos que só existíamos ti e máis eu.
3 Comments:
así como eu anhelaba volver "escoitar" a vosa voz. Non sei que dicir... A literatura aniña en vosoutras.
Xenevra
quinta abr. 21, 07:29:00 da tarde 2005
BACANA BLOGUE,amigas. Eu cá, de visita. Acabo de saber do vosso blogue polo do Igor. Sorte com esse recital!!!
quarta abr. 27, 11:51:00 da tarde 2005
Enoraboa rapaciñas,estades feitas unha poetas.un saúdo e unha aperta das vosas compañeiras do recuncho dos venres.
sexta mai. 06, 11:15:00 da manhã 2005
Enviar um comentário
<< Home