A volta das vacacións
Ola amigos/as que ledes o noso pequeno blogger. A Semana Santa xa rematou e todo voltou a comezar; clases, profes, exames, o mesmo de sempre. Con este inicio tamén voltamos a escribir no noso blogger para seguirvos a contar todas as nosas inquedanzas e amosarvos algo da literatura que máis nos gusta.
A Semana Santa non trascurriu igual para as tres xacias. Doval e Sandra viviron unhas vacacións de diversión, saliron cos amigos e en xeral pasárono ben. Celia (eu) non o pasei tan ben, unha rotura de fibras nunha perna fixo que non puidera sair en todas as vacacións.
Iniciamos a volta das mesmas cun poema de Alfonso Rodríguez que lin estos días e que me gustou moito.
"Poesía es ti"
Ensalzar a beleza
Recrearme nunha paisaxe
Cantarte a ti, meu amor
Que te esquezo a miúdo
Protestar protestando
De min mesmo ou do resto
Xogar a facer rir
Con todo isto
Comezar por onde comezo
Acabar o rematado
Complexizar a existencia
Divagar sobre o cosmo
Debuxar os meus soños
Seguir buscando traballo
Queixarme de vicio
Queixarme con rabia
Apoloxizar as raíces
Cagarme en mil patrias
Cagarme en min mesmo
Ou sacar un cigarro
E continuar fumando
Subir o faiado Alfonso Rodríguez
2 Comments:
OOOOOOOHH!
por fin conecto coas tres Xacias, e vaia, nada novo.
Decepción, decepción, decepción.
Ou máis graficamente:
8-(
Escribide algo novo o venres, para que eu vos lea.
Bicazos, pese a todo.
8-)
quarta abr. 13, 09:16:00 da tarde 2005
Holaaaa
Gústame o blog, xa vos farei máis visitas.
Saudos as 3 Xacias.
Celia peina ben ó bicho sarnoso, Sandra moito coidado cos ranchiños e Doval síntese pero hoxe non comín co Richi.
Ta logo, escribide moito!
terça abr. 19, 03:12:00 da tarde 2005
Enviar um comentário
<< Home