As tres xacias: ABRIL

sábado, abril 22, 2006

ABRIL

Alba naceu ó amencer
mentres en Santiago chovían pingas de libertade
Medrou crendo en fadas, sereas, meigas...
ela era a princesa.
Os anos pasaban, as ilusións infantís desvanecíanse
nos espellos da casa
Medraba a pasos axigantados
e soñaba con fuxir do fogar do amado
Quizais non coñecía o mundo,
pero ela desexabao.
Rematou bioloxía, fixo as maletas,
colleu o autobús dos soños
(o que as 12 da noite sería unha cabaza de silenzo),
e fuxiu.

Hoxe, vinte anos despois, sabe que os soños son
ferramentas traizoeiras
e cada amencer de abril berra berros de libertade

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Desexaría que algunha vez os soños se convertiran en algo real.Escántanme os teus poemas dedicados ós meses, oxalá tiveramos 24 en vez de 12... A seguir escribindo = de ben...

Bikos dende as bretemas

sábado abr. 22, 03:41:00 da tarde 2006

 
Anonymous Anónimo said...

os soños non son ferramentas traizoeiras, facémolas nós así. Non deixedes nunca que vos traizoen. Na vosa forza está o seu cumprimento. Se os deixades esvaecer... que será de nós?

terça mai. 23, 12:20:00 da tarde 2006

 

Enviar um comentário

<< Home