ABRIL
" April is the cruellest month
breeding lilacs out of the dead land
mixing memory
and desire" T.S. Eliot
Abril é o mes máis cruel
mais ti non mo dixeches,
condenándome a ser
Beatriz Lesbia ou calquera outra,
mentres as noites as horas e os días
corrían para fuxir de nós,
nós, que nunca conseguimos
vencer
a tentación do poeta.
(Para todos os meus mitos: os que caeron, os que volveron ou aos novos sen máis)
2 Comments:
Buaaaaaa.....Oxalá que os teus mitos nunca caian para que a inspiración non se alonxe de ti...A ver se posteas máis a miudo e firmas!!Bikos para a Dovalinha dende as BrEtEmAs...
quarta abr. 19, 10:10:00 da tarde 2006
Como é posíbel que sempre me sorprendades??? Marabilloso!!!. Por certo, eu tamén creo que XA deberiades asinar. Tedes aquí un libro gañador
sexta abr. 21, 02:14:00 da tarde 2006
Enviar um comentário
<< Home