As tres xacias: abril 2006

quarta-feira, abril 26, 2006

CARTA DA ASASINADA

O meu sentimento é como cuspir auga nesta rocha que parte en cristais os meus ollos, ese sentimento que esvarou por todo o meu corpo.

Neste mar en calma xamais renaceu a flor que brillaba coma o sol, neste día escuro, no cal, a palabra amor sábeme a rancio.

Recordo aquela maxia, aquela tarde, aquel día de inverno, aquela xerra que caeu contra o silenzo. Aqueles días produciron en min o sentir daquela rocha cravándome as unllas coma ese animal.
coma ti
Celia e Soraya
En recordo a semana de poesía do ano pasado (Igor Lugrís e María Lado) e á deste ano (Carlos Negro e Enma Couceiro), que volveu ser inolvidábel.

domingo, abril 23, 2006

Beberás
os bicos que foron escritos
para ti
nestes días
que nos han devolver
o mes de abril.

Nunca te esquecerei
nin a ti
nin á lúa
que se repite no balcón
dos teus ollos.

Non te esquecerei
aínda que
nun destos días
morra
a morte.

sábado, abril 22, 2006

ABRIL

Alba naceu ó amencer
mentres en Santiago chovían pingas de libertade
Medrou crendo en fadas, sereas, meigas...
ela era a princesa.
Os anos pasaban, as ilusións infantís desvanecíanse
nos espellos da casa
Medraba a pasos axigantados
e soñaba con fuxir do fogar do amado
Quizais non coñecía o mundo,
pero ela desexabao.
Rematou bioloxía, fixo as maletas,
colleu o autobús dos soños
(o que as 12 da noite sería unha cabaza de silenzo),
e fuxiu.

Hoxe, vinte anos despois, sabe que os soños son
ferramentas traizoeiras
e cada amencer de abril berra berros de libertade

domingo, abril 16, 2006

ABRIL

" April is the cruellest month
breeding lilacs out of the dead land
mixing memory
and desire" T.S. Eliot
Abril é o mes máis cruel
mais ti non mo dixeches,
condenándome a ser
Beatriz Lesbia ou calquera outra,
mentres as noites as horas e os días
corrían para fuxir de nós,
nós, que nunca conseguimos
vencer
a tentación do poeta.
(Para todos os meus mitos: os que caeron, os que volveron ou aos novos sen máis)