As tres xacias: A NOSA VISITA A ALLARIZ

quarta-feira, fevereiro 23, 2005

A NOSA VISITA A ALLARIZ

.
O día 18 de Febreiro fomos co instituto á fermosa vila de Allariz. Pola mañá comezamos a nosa visita en Santa Mariña de Augasantas, onde vimos os restos dunha construcción de iglesia prerrománica, que nunca chegou a estar rematada. Conta a lenda que a santa que a habitaba foi martirizada por un romano que a quería poseer. A pesar de todos os martirios que a santa sufriu mantivo a súa virxinidade e a súa pureza. Un dos sacrificios aos que foi sometida: foi queimada nun forno que se atopaba, baixo das ruínas desta igrexa. Pero a virxe esfumouse por un pequeno burato. Finalmente conseguiron matala cortándolle a cabeza.

A continuación intentamos achegarnos ata un castro que se atopaba preto de alí pero debido a mala conservación dos seus arredores non conseguimos velo.

Posteriormente vimos unha igrexa de arte románico, na que a profesora de historia, María, explicounos todas as características e peculariedades desta igrexa.

Pola tarde demos un paseo polos arredores do Arnoia que nos agotou moito.

Para rematar a visita fomos a algúns museos que se poden ver na vila, o do xoguete, a fundación de Vicente Risco e para rematar o museo do coiro. Aproveitamos para saudar aos dous mozos que traballaban o coiro no museo e que tiveron moita paciencia con nós para explicarnos un pouco en que consistía o seu traballo.

3 Comments:

Anonymous Anónimo said...

OLA MIÑAS NENAS!! K PASADA D BLOGGER,EU QUERÍA FACER UN.CON ESTO XA VOS MERECEDES UN 2!!É BROMA..POS NÁ VOU COMER.SORTE EN TÓ!!E DEDICADE ALGO AS AMIGAS!!!CONTINUARÁ...

quarta fev. 23, 02:11:00 da tarde 2005

 
Anonymous Anónimo said...

OLA MIÑAS NENAS!! K PASADA D BLOGGER,EU QUERÍA FACER UN.CON ESTO XA VOS MERECEDES UN 2!!É BROMA..POS NÁ VOU COMER.SORTE EN TÓ!!E DEDICADE ALGO AS AMIGAS!!!CONTINUARÁ...

quarta fev. 23, 02:12:00 da tarde 2005

 
Anonymous Anónimo said...

supoño k iriades polo paseo, é precioso, é un dos sitios d Galiza k mais m apasiona, se toda Galiza fora asi, non aberia preblemas d inmigracion, é un exemplo d vila, bueno espero k sigades poñendo articulos e anecdotas xa k m gusta moito a voso blog.Ata pronto, biks. IGOR LUGRÍS

sábado abr. 16, 09:05:00 da tarde 2005

 

Enviar um comentário

<< Home