As tres xacias: fevereiro 2006

quarta-feira, fevereiro 22, 2006

ti...............eu

Eu penseite entre as follas dos libros.
Ti soñabas con viaxar a Ulan Bator.

Eu escribía en dadá no cristal.
Ti odiabas aos deuses nos días de inverno.

Eu Xohana.
Ti Carlos.

Os dous amámonos en silenzo

quarta-feira, fevereiro 15, 2006

ela..............el

Ela, apareceu entre os días das horas.
El, mirouna deitada no orballo da xente.

Ela, pescudaba segredos no ceo.
El, choraba bágoas entolecidas
os dous vivían unha vida sem palavras...

quinta-feira, fevereiro 09, 2006

NOMEEMON

Ríos da cor do ceo,
mares que desbordan recordos,
soños cheos de maxia
Prados de clorofila
Cargados de branco os montes,
lagos profundos e escuros
reflexando cabelos de nenos.
Xigantes cheos de mortos.
Rúas silenzosas antigas,
dozura xorde nelas.
Navegan no ceo barcos
fíos dourados e prata

Nomeemon somerxe das augas


Por marabillosa que a vida sexa todo carece de perfección. Ahí atópase o encanto pequena.
Para Antía

sexta-feira, fevereiro 03, 2006

MEDEA

Fixéstesme abandonar todo o pasado,pero nunca renunciei á lingua.
Falaba soa en todos os recunchos do cuarto, e nas rúas berraba e berraba,e no teatro, e a xente descoñecida miraba de esguello para min.
Mais un día farteime, e fun Medea, e con trece verbas cheas de xenreira e odio arrinqueiche a alma e as entrañas.
As palabras inundáronche os ollos e cando as choraches volveron a rexundir coma Fénix.

A Xenevra.

quinta-feira, fevereiro 02, 2006

ALEIXANDRE

De neno soñaba con ser pirata, logo boxeador e mais tarde futbolísta. Con dez anos os coches e as motos fascinábano e aos quince adoraba o xadrez.

Sempre tivo soños, a maioría non se cumpriron.
Rematou políticas e entrou na administración.
As fantasías da nenez desapareceran, U2 xa non daba concertos e Zapatero falaba do estatuto catalán.
Solitario,
bagaba polas beirarúas de Barcelona pensando na súa terra.
Estaba lonxe, mais na súa imaxinación, afogábao.
A súa vida xiraba nunha ruleta de cravos (como aqueles dos que falaba Rosalía) na que el era a garza do destino.

A lei antitabaco seguía o seu camiño, aumentaban as secas e os incendios, non paraban os tsunamis
mais el
logrou o que quería

Voltar a Galiza
(Para un soñador nato)

FEBREIRO

O neto do tempo chega con máscaras e perrucas de ledicia.
A neve invernal comeza derreter,
mentres os cantos da primavera son xordos e lonxanos.
O silenzo da dor retorna con furia
berrando versos de victoria
que afondan na caverna do lobo