DESILUSIÓNS
As pantasmas asoladoras petaron na porta.
Escondícheste baixo a cama e eu empuñei a forza das entrañas.
Quizais foi o medo quen te fixo desaparecer, ou fun eu coa miña ialma ferida quen rachou os versos de victoria que resoaban
na túa boca.
Berrei todas as verbas que o inverno tapou
Proclamei os pensamentos da túa mente
Asubiei todos os cantares do vento
Chorei todas as bágoas que derramou o mar.
Sen embargo, anos despois, sinto que as verbas só resoaron na miña cabeza.
Iste relato non iba ser publicado hoxe, poque a tan só un día da miña maioría de idade o título "Desilusións" non é o máis axeitado.Sen embargo buscando entre papeis atopeino, penso que é vello, pero por falta de ideas publiqueino, xa que as veces é máis difícil expresar a ledicia que a tristura.