REMATA DECEMBRO¡¡¡
Fuxe o ano.
Escapa como os raios de sol que entran pola ventá nas mañás de inverno, sempre rodeado de festas, fúgase decembro.
Unha cea, unha celebración, unha xoldra, un brindis pola felicidade...
Chega o 2006, e como din..."Ano novo, vida nova"
Non sei se será certo, mais penso que neste ano que entra as nosas vidas (miñas nenas) cambiarán moito. Aínda así, sei que seguirán as xoldras, as largas conversas acompañadas do café, as risas que dan vida, as pelis nos días de frío, as amizades incondicionais, os días que semellan segundos...
Sei que o 2006 será un ano inolvidábel¡¡¡