As tres xacias: novembro 2005

quarta-feira, novembro 23, 2005

ESPERTAR

Rachan as ondas no mar do teu silenzo,
esquece que morres de loucura
somerxéndote nas verbas do océano


sexta-feira, novembro 18, 2005

A FUGA

Vivo mas de noche que de día
sueño más despierto que dormido
bebo más de lo que debería
los domingos no suelo jurar
que cabiaré de vida
Na praza Vermella mentres a lúa mira dende o ceo.
Unha discoteca pragada de xente.
Eles alí, expresando os seus sentimentos nas cancións dos seus discos, mentres a xente salta, berra, empurra.
Unha canción resoa no meu peito e collo o móvil.
Da señal...non contesta...
A música invádeme e lévame a Chantada.
Recordo o pasado, esas noites no Tabú que parecían segundos, esas copas na compaña da xente querida. Santiago lémbrame a eses días, a eses instantes que nunca esquecerei.
Pouco a pouco a miña mente volve a Capitol. O móvil...
non contesta...
a música segue a soar.
Comentan que remata, que hai que marchar, mais a xente berra NUNCA MÁIS
En recordo dos tres anos pasados dende as mareas negras no Prestige, e a ese concerto da Fuga do venres 11:
Para as miñas nenas, por esas xoldras vividas no Tabú

PESADELO

¿Quen espera a que a pinga de auga que escorrega pola miña ventá chegue ao seu fin?
Parece que o mundo non ten tempo para deterse ante as cousas insignificantes. Agora a moda está en avanzar, avanzar, avanzar, aínda que non saibamos para qué nin porqué e mentres nos teñen entretidos en avanzar, eles encárganse de borrar dos noso cristais esas pingas de auga.
Eu quixera que a miña pinga de auga permanecese disecada con brilo propio na miña memoria, para que cando eu esperte deste pesadelo me axude a recuperar o curso das outras pingas que coma min camiñan cara o seu fatigador fin.

sexta-feira, novembro 04, 2005

NOVEMBRO

Novembro é o mes da tristura.
Nace das nubes otoñais na caída dos mundos
Da loita entre dous universos, tempos distintos é confrontados nos que ti e eu nos atopamos
Servo de reises
ti o meu rei
A similitude xorde da indiferenza
Exclama
Chora
Proclama
Berra


Mais a neve cubrirá as verbas esquecidas do outono