As tres xacias: outubro 2005

sexta-feira, outubro 14, 2005

OUTUBRO

De ti, recordo os teus ollos verdes, as historias que me contabas á tardiña e os seus finais, cando me dicías fagamos unha revolución
ti e mais eu.
Unha gran revolución.
As cidades, os países e os continente, todos, contra
ti e mais eu.
Unha revolución susurrando, ou se dicir nada, en silenzo.
Unha revolución en outubro
túa e miña.
E eu contestábache Si, camarada.
E logo viñan os sorrisos.

E xa nunca pasaba mais nada
.

sexta-feira, outubro 07, 2005

INVERNO

Odio
o sol
cando esperta nas mañás
de outubro
abrazando as nubes.
Solitaria e vagabunda
teño ciumes da súa ledicia.
Quixen que o día
estivese claro,
que o frío non me atrapara,
el so
eu abrazada a ti
esquecendo a miña absurda
existenza.
Celia

segunda-feira, outubro 03, 2005

BREOGÁN

Chámase Breogán e é un home lento.
Come lento, anda lento, nada lento, até fala lento. Pronunciar unha palabra, pódelle levar horas.

Case non ten amigos, por iso do seu problema, así que pasa parte dos días agochado entre as follas das horas e os días dos libros.
Calquera día a calquera hora, namorouse dunha rapaza, que non era nin guapa, nin lista, nin alta, nin tomaba batido de fresas. Pero a Breogán non lle importaba.
El só quería unha rapaza con tempo para escoitar e pasear sen presas.
Pero o día 7 de abril, mentres xogaba á ruleta e a roda rodaba con ese
ru-ru-ru que retumbaba nos seus oídos aprendeu a agochar o pánico tras dalgunhas palabras.
A partir de ese momento todo tornou en
derrota.
Para o meu paiasiño preferido.