As tres xacias: junho 2005

sexta-feira, junho 17, 2005

DESPEDIDA

Vai sendo hora de ir para casa carolo en mates un dous en historia, que chungo deixar unha panda tan guay en que pouco tempo o mellor rematou REMATOU!!!!!!!

Diso nada de aquí non marchamos sen quedarmos pro verán!!!

Agradecemos o voso seguimento semana a semana e a vosa participazón que fixeron posíbel que este pequeno retallo fora para adiante neste gran mundo da rede.
Porque xacias é:
Para o que lles gusta a literatura
Para os de letras
Para os de ciencias
Para os profes
Para os alumnos
Para os músicos
Para os que ríen
Para os que choran
Para os deportistas
Para as xacias
Para os tritón
Para elas
Para eles
Para ti
Para nós
Para
TODOS

Cóstanos moitos despedirnos, e abandoar o costume de baixar a biblioteca, eses grandes momentos nos que esprimíamos o cerebro na procura de algo que non fora un plaxio e que fora á vez creativo. Sentímolo se non o conseguimos. Tamén pasamos moi bos momentos, de desesperación co ordenador na procura de publicacións perdidas. Pero como podedes ver, As Tres Xacias están no seu momento máis creativo.
As Tres xacias non se rinden ante: os xelados, a calor, a praia de Viveiro, a preguiza, as longas noites de xoldra de verán..............

Imos seguir publicando no verán con menos frecuencia, para manter viva esta ligazón ao río Asma.

Xa para concluír rematamos cun poema do realista Verlaine:

Pon a túa fronte sobre a miña fronte

Pon a túa fronte sobre a miña fronte e a túa man
na miña man.
E faime os xuramentos que romperás mañá.
E choremos ate que amañeza,
A miña pequena fogosa.

sexta-feira, junho 10, 2005

SEN PALABRAS

Non temos palabras. Estamos fartas desta merda de monotonía. Todos cren que teñen dereito a decirnos o que temos que facer, como o temos que facer e cando o temos que facer. Moito esixir e pouco aplicarse o conto. Se chapamos porque chapamos, se non fas nada porque non fas nada, se tes a letra grande porque tes a letra grande, se falas porque falas, se calas porque calas, o caso é non estar conforme.
Xa é hora de que todos poñamos as cartas na mesa, cada quen sabe ben o que ten que facer, así que fóra tonterías, XA NON TEMOS CÁSCARA NO CU!!!

sexta-feira, junho 03, 2005

CUMPREANAS

Tocarei até que os meus dedos sanguen aquelas notas que cuspías para min, entre as nubes do teu pelo. Por iso sei que embarcamos nun tren no que a alegría e a tristura comparten vagón. Fumamos a razón e bebemos o corazón, non puidemos xuntar a auga con aceite. Volveremos a ser como aquela canción do ano oitenta e oito.

Din que hai un mundo de tentacións, tamén hai caramelos con forma de FELICITACIÓNS.

FELICIDADES ANITA.