As tres xacias: maio 2005

sexta-feira, maio 27, 2005

U CU U US PUNTULÚS


Un cu u muus uns puntulús furun un duu suluudu u unhu pruuu nudustu.
U sul quntubu cun tudu u suu furzu. Luck tuñu muutu vurguñu, usú quu pusuu tudu u duu bucu ubuuxu purquu nun quurúu unsunur u suu pupú. Cundu u cu cunsuusu du pruuu punsuu un murchur, puru cundu fuu puñur us puntulús u cu ustubu rubuu, u u pupú bruncu.

sexta-feira, maio 20, 2005

VIVA O DADAÍSMO



Medo lúa vello silencio
principio sombras manicomio
latexar fondo refuxio mudo mundo

GAIOLA

Bomba cabaleiro día camiño
muros mártir altura terra suicidio
xordo violencia morcegos ferrocarril

BATALLA

Lume gloria nube días luz
heroica honor bolboreta mazairas
ceo iluminatiba inmensas ledicia infinito

LIBERDADE

sexta-feira, maio 13, 2005

SEMANA DA POESÍA EN CHANTADA

Esta semana foi única!
No I.E.S. Lama das Quendas celebramos a I Semana da Poesía, que esperemos que se repita en anos vindeiros.
Durante estes cinco días houbo diferentes actividades relacionadas co mundo da poesía.

O luns comezamos coa exposición dos numerosos traballos que fixemos os alumnos de 1º de Bach, neste ano e no ano pasado.

O martes outo tanto do mesmo, pola mañá. E pola tarde, obradoiro de poesía a cargo de Soraya, Celia, Tania e Rafa.

O mércores, o día culminate, visitáronnos María Lado e Igor Lugrís. Recitaron numeros poemas das súas obras, publicadas, e no caso de Igor por publicar. Todos nos quedamos ensimismados ante a súa presenza.

Na tarde do xoves, dirixido por Manolo Figueiras, o obradoiro de poesía na rede, onde visitamos páxinas impresionantes, entre elas a de Yolanda Castaño, que causou sensazón entre todos os asistentes.

E xa para rematar, hoxe, venres 13, no recreo, concluirá a semana cun recitado de poesía. Composicións de persoas do instituto, e outros poetas "coñecidos".

sexta-feira, maio 06, 2005

TRAS O ARAME

Cando subimos ao tren imaxinaba que nos levarían fóra de Alemania a traballar nalgunha fábrica textil. Esperabamos moito traballo en malas condicións pero nunca aquelas baixezas ás que fomos sometidas. Arrastráronnos ata a máis míserenta degradación da personalidade. A nosa esperanaza mermaba con cada desprezo que nos bapuleaba o corazón. Un corazón que xa non sentíamos, estaba adormecido polo frío, pola fame, pola indiferenza, polo lodo que embadurnaba as nosas vidas e desintegraba-NÓS.