Galiza
GALIZA da saudade
chorada
amada a traves da dor.
Os teus fillos padécente.
Eu non.
¡Quixera morderte os labios até facerche sangue!
Quérote con rabia
con indignación.
Metáfora da Metáfora (María Xosé Queizán )
Con este poema queremos dar comezo o noso pequeno caderno, no que todos os venres publicaremos un anaco das nosas inquedanzas, pareceres e opinións sobre o mundo que nos arrodea ou simplemente do que nos acontece nas nosas vidas.
Decidimos escoller este poema porque María Xosé Queizán é unha gran poetisa aínda que o seu forte sexa a novela. Outra das cousas que nos motivou a facelo foi q este libro fíxonos descubrir unha poesía diferente aos clásicos que nos mandan ler no instituto, máis cercana ás nosas vidas.
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home