As tres xacias: abril 2005

sexta-feira, abril 29, 2005

A AZOTEA

Sinto
como se todo o mundo ao mirarme sentise noxo de min,
escupo todo o lodo que levo nos dentes cada vez que falo de ti


quérote
pero quixera non querer facelo.


Non entendo
mediocrízame
ela nunca quixo baixar
sempre quedou na azotea
esperando un vento forte que a arrastrara ata min.

quarta-feira, abril 13, 2005

O ESPERTAR

Aínda podía sentir os seus bicos esvarando pola miña inmadura pel. As súas mans percorreran o meu corpo facéndome sentir toda a calor da súa existencia. O meu corpo estivera inmerso en campos de algodóns e maizais creados só para min.

Xoana!!! Xoana!!!

Aborrézote!!

Aborrezo ter que abandonar os meus pronfudos soños para volver á miña gris realidade.Poño as zapatillas e a bata case sen consciencia do que fago.Baixo as escaleiras. Entro na cociña. Está alí. Percorro o seu corpo ata chegar ao seu rostro. Xa non é o dos meus soños. Ese rostro que tanto estraño e que chego a esquecer.

As miñas mans molladas, nesta auga fedorenta que me fai sentir o corazón esvarando polas tuberías deste cuarto, e sinto que xa non consigo rescatalo.
O batallón das sucias cacerolas que me encarcelan día tras día neste cuarto de rexas de estropallo, xabón e ferro.

Anhelo os días de liberdade nos que só existíamos ti e máis eu.

sexta-feira, abril 01, 2005

A volta das vacacións

Ola amigos/as que ledes o noso pequeno blogger. A Semana Santa xa rematou e todo voltou a comezar; clases, profes, exames, o mesmo de sempre. Con este inicio tamén voltamos a escribir no noso blogger para seguirvos a contar todas as nosas inquedanzas e amosarvos algo da literatura que máis nos gusta.
A Semana Santa non trascurriu igual para as tres xacias. Doval e Sandra viviron unhas vacacións de diversión, saliron cos amigos e en xeral pasárono ben. Celia (eu) non o pasei tan ben, unha rotura de fibras nunha perna fixo que non puidera sair en todas as vacacións.
Iniciamos a volta das mesmas cun poema de Alfonso Rodríguez que lin estos días e que me gustou moito.

"Poesía es ti"
Ensalzar a beleza
Recrearme nunha paisaxe
Cantarte a ti, meu amor
Que te esquezo a miúdo
Protestar protestando
De min mesmo ou do resto
Xogar a facer rir
Con todo isto
Comezar por onde comezo
Acabar o rematado
Complexizar a existencia
Divagar sobre o cosmo
Debuxar os meus soños
Seguir buscando traballo
Queixarme de vicio
Queixarme con rabia
Apoloxizar as raíces
Cagarme en mil patrias
Cagarme en min mesmo
Ou sacar un cigarro
E continuar fumando

Subir o faiado Alfonso Rodríguez