As tres xacias: fevereiro 2005

quarta-feira, fevereiro 23, 2005

"THE REASSON"

I´m not a perfect person
There´s many things I wish I didn´t do
But I continue learning
I never meant to do those things to you
And so I have to say before I go
That I just want you to know

I´ve found a reason for me
To change who I use to be
A reason to start over new
and the reason is you

I`m sorry that I hurt you
It`s something I must live with everyday
And all the pain I put you through
I wish that I could take it all away
And be the one who cathes all your tears
Thats why I need you to hear

I`ve found a reason for me
To change who I used to be
A reason to start over new
and the reason is You

I`m not a perfect person
I never meant do those things to you
And so I have to say before I go
Taht I just want you to know

I`ve found a reason for me
To change who I used to be
A reason to start over new
and the reason is you

I`ve found a reason to show
A side of me you didn`t know
A reason for all that I do
And the reason is you

A NOSA VISITA A ALLARIZ

.
O día 18 de Febreiro fomos co instituto á fermosa vila de Allariz. Pola mañá comezamos a nosa visita en Santa Mariña de Augasantas, onde vimos os restos dunha construcción de iglesia prerrománica, que nunca chegou a estar rematada. Conta a lenda que a santa que a habitaba foi martirizada por un romano que a quería poseer. A pesar de todos os martirios que a santa sufriu mantivo a súa virxinidade e a súa pureza. Un dos sacrificios aos que foi sometida: foi queimada nun forno que se atopaba, baixo das ruínas desta igrexa. Pero a virxe esfumouse por un pequeno burato. Finalmente conseguiron matala cortándolle a cabeza.

A continuación intentamos achegarnos ata un castro que se atopaba preto de alí pero debido a mala conservación dos seus arredores non conseguimos velo.

Posteriormente vimos unha igrexa de arte románico, na que a profesora de historia, María, explicounos todas as características e peculariedades desta igrexa.

Pola tarde demos un paseo polos arredores do Arnoia que nos agotou moito.

Para rematar a visita fomos a algúns museos que se poden ver na vila, o do xoguete, a fundación de Vicente Risco e para rematar o museo do coiro. Aproveitamos para saudar aos dous mozos que traballaban o coiro no museo e que tiveron moita paciencia con nós para explicarnos un pouco en que consistía o seu traballo.

terça-feira, fevereiro 22, 2005

Olvidándome de ti

Quixera poder esquecerte
Olvidarme da túa existencia
Esquecer eses ollos marróns
cravándose en min
Olvidar o teu sorriso
a túa mirada
Esquecerme de que te amo
Olvidar aqules días
nos que me cría feliz
Esquecer todos os meus recordos
Olvidarme do teu ser
enrredado na miña mente
Esquecer a dor
Olvidar o tempo perdido
Esquecer as cousas
que me pasan pola cabeza
Olvidar aquelas tardes de inverno
Esquecer as bágoas derramadas
por ti
Olvidar
que te quero
só penso en olvidarte


Celia González (Proxecto do seu poemario)

sábado, fevereiro 12, 2005

XACIAS

Hoxe, imos-vos falar das Xacias. Seres misteriosos, mitolóxicos e fantásticos, que habitan o noso río. O Asma!!Estas fadas que viven no fondo das pozas do río atraen aos mozos co seu encanto e inmensa beleza e lévanos á perdición. As Xacias gardan tesouros no máis profundo das augas. Non se sabe de ninguén que as vise e volvese para contalo, pois dise que cando ves a estas ninfas quedas engaiolado e prendido da súa beleza por sempre xamáis.Estas fadas galegas foron as inspiradoras do nome do noso blogger, porque se atopan moi preto de nós e sentímonos identificadas(xD).

sexta-feira, fevereiro 04, 2005

Galiza

GALIZA da saudade
chorada
amada a traves da dor.
Os teus fillos padécente.
Eu non.
¡Quixera morderte os labios até facerche sangue!
Quérote con rabia
con indignación.

Metáfora da Metáfora (María Xosé Queizán )


Con este poema queremos dar comezo o noso pequeno caderno, no que todos os venres publicaremos un anaco das nosas inquedanzas, pareceres e opinións sobre o mundo que nos arrodea ou simplemente do que nos acontece nas nosas vidas.

Decidimos escoller este poema porque María Xosé Queizán é unha gran poetisa aínda que o seu forte sexa a novela. Outra das cousas que nos motivou a facelo foi q este libro fíxonos descubrir unha poesía diferente aos clásicos que nos mandan ler no instituto, máis cercana ás nosas vidas.