Marzo chorou bágoas de máscaras e perrucas. El buscouna na neve invernal mentres a paixón primaveral chegaba en ferrari Buscouna desesperadamente, na casa nas rúas nos parques nos bares, en cada botella Ela soñadora lía a George Sand esperando núa a chegada da lúa Aquel día de marzo, entre viño e viño, atopáronse Ela brindou por el El pousou a botella no chan e dixo: -Quérote
E dende entón, ano tras ano, rememoran o seu amor NA FEIRA DO VIÑO
Espumantes brotan as bágoas do teu destino Imaxinando soños fedorentos somerxidos nos recordos do océano. Non!!! non esqueces a dor dos ósos, o son da carballeira batendo no lume das árbores que rememoran caricias de ledicia escuras e traizoeiras berrando