A choiva esvara pola fiestra. O vento zozobrante bate no faiado. Ti tirado no sofá mentres a radio cuspe sons que resoan na túa cabeza. Ela, naquel lugar sen praia, escoitando como o mar bate nas paredes e o silenzo invade o seu corazón. Ese que chora mentres Bach resoa na túa cabeza.
Ola a todos os que ledes este pequeno blog dende xa fai uns meses, sabemos que ultimamente non facemos moitas publicacións pero e que o verán sempre é liado para todos. Uns na praia, baixo un inmenso sol intentando poñerse morenos; outros nas piscinas, no camping... No verán todo é así. De todas formas intentaremos escribir pronto e amosarvos partes de nos mesmas.
Unha forte aperta dende o Asma.
Os teus beizos cubrían a miña cara. Esa que tantas veces desprezaches.
Baleiros no silenzo (Celia)
Coas verbas que nunca se oíron fixen mapas da túa existencia