As tres xacias: novembro 2006

quinta-feira, novembro 30, 2006

RERCORDOS DE VICTORIA

Baixo a lúa gris nunha noite de xiada acertei as verbas de VICTORIA que me asubiabas á orella. Agora, coa marcha da lúa, a pel berra tristes cantigas e a Catedral rexorde das cinzas proclamando libertade.
Aquela noite, mentres a lúa era nova, sentín que o mundo era meu:
berros de independença soaban polas rúas, caricias percorrían o corpo, lume xurdía delas...
Aquí, os recordos brotan unidos aos esquíos da Carballeira

domingo, novembro 26, 2006

GALIZA BABY!!

A piques de chegar decembro, decateime de que aínda te botaba de menos.
De repente vinme metida nunha canción dos anos 80, borracha de wisky barato, con Antón.
Dicíame que era a súa Lady Blue e os nosos bicos sabían a Independença.

Estabamos na Galiza, Baby!!
( Este ralato independente contén versos de Piratas, Fito e Bunbury)
Vai dedicado a Antón (aínda que non o sepa), á Sandra, Patu e Antía en xeral e o resto das rapazas en concreto.

quinta-feira, novembro 23, 2006

INVERNO

Corrimos baixo os soportais das rúas de
Santiago,
ti ollachesme inquedo,
eu asubiei verbas de auga
que escorregaban polo teu corpo.
Na catedral o sol fiaba camiños
baixo o ceo estrelado

NOVEMBRO

En Santiago chove todos os días
as rúas
cheiran a monotonía
Os muros das casas
da rúa do Vilar
inundánnos o corazón de musgo
e ti sempre queres sair sen paraugas
e a min humedéceseme a ialma...

terça-feira, novembro 21, 2006

SOÑOS

Fiei soños na procura do futuro
descubrín bagoas onde eles afogan
As poutas dos lobos
argárdannos inquedos
mentres o sol esbaécese
no ceo

quinta-feira, novembro 16, 2006

Cando Mariña
chora
as bágoas
estouran o
cristal...
tlin tlin tlin tlin tlin
tlintlin tlintlintlin.....
......CRAKS!!!!
......!!!!!!! !!!! !!! !! !