As tres xacias: agosto 2006

terça-feira, agosto 22, 2006

AGOSTO

No mes de agosto aprendeche a bicarme con palabras de lume e a falarme con bicos de sal
...deses que escocen o corazón
No mes de agosto xogabas coa area entre os dedos nas noites de lúa chea porque
...dicías que era cando mellor se via o Sol
No mes de agosto ensinachesme a dicir palabras de sal
...mais eu só souben darche bicos de lume
deses que só se soñan nas noites de lúa chea

segunda-feira, agosto 07, 2006

XULLO

Fuxiu como a praia nos meses de inverno
esquecendo que eu
xa era grande.
Naufragou nos ríos de costa
e renaceu en Compostela,
onde os ríos e os mares
botan raíces profundas
que agonizan na Galiza destes
tempos