As tres xacias: maio 2006

segunda-feira, maio 29, 2006

CÍES

Nunca esquecerei o sol agazapandose no ceo á tardiña da alba.
A praia, os cormoráns, as gaivotas susurrando silenzos de brétema.
A xente, as risas, as frases, as tendas, os xeados, as camiñatas, as estrelas, a crema solar, o mar...

Estes dous días borraron as feridas do inverrno e fixeron que os monstruos se escondesen baixo as mantas, para que nós
ollasemos o sol.

En recordo a excursión das Cíes.
Dedicado a: Ana e Susi (esas letras), Bea,Camilo, María D.,María L, Marcos, Olmedo, Patu, Noelia, Sandra, Sonia, Soraya, Yoana e Zaira

segunda-feira, maio 22, 2006

MAIO

Fixéronnos cuspir alentos de sangue
derramar soños de trapo
e beber sons de enfermidade
Quixeron esmagar a felicidade,
pero...
Nietsche non tiña razón,
o eterno retorno non voltará
e os monstruos esconderanse
agazapados
nas cabernas dos lobos,
a espera da chegada do
outono.